Un percorrido polos sendeiros que mellor amosan a natureza, o patrimonio e as aldeas da Fonsagrada.
Circular de 6,2 km e dificultade media-alta que descende por bosques de castiñeiros, con cortíns, un castro, unha capela abandonada e un antigo muíño con fervenza.
Máis información en afonsagrada.orgSendeiro de 1,14 km e baixa dificultade ata unha fervenza de máis de 50 metros de caída libre, con pasarelas de madeira entre carballos, bidueiros e ameneiros.
Máis información en afonsagrada.orgPercorrido de 4,2 km por un piñeiral xunto ao regato de Tronceda, con corripas, dúas fervenzas protexidas como humidal e dous castros próximos.
Máis información en afonsagrada.orgRuta de 18 km e dificultade media xunto ao regato Navallo e o río Navia, coa pasarela de Riodeporcos, antigas ferrerías e a aldea abandonada de Fornaza.
Máis información en afonsagrada.orgEsixente percorrido de 17,4 km por un dos soutos de carballos máis grandes do mundo, cun castro, pontes medievais e aldeas abandonadas.
Máis información en afonsagrada.orgRuta de 10 km e dificultade media-alta con teixos centenarios, antigas caleiras, ruínas de muíños e unha paisaxe calcaria xunto ao río Veiga de Logares.
Máis información en afonsagrada.orgPercorrido de 11,5 km e dificultade media-baixa por castiñeiros e a igrexa de Santa María de Allonca, en honra aos pintores Manuel López Monteseirín e Benxamín Álvarez.
Máis información en afonsagrada.org