Aínda estamos a dar os últimos retoques á web. Adiante, entra e coñece A Casa de Gobo.
Unha casa de pedra restaurada no corazón da Fonsagrada, onde a tradición galega se atopa co confort moderno.

Recuperamos con mimo os muros de pedra, as vigas de madeira e o forno de pan orixinal, conservando a alma da casa mentres a dotamos de todas as comodidades actuais.

Rodeada de montes, prados e bosques, A Casa de Gobo é o punto de partida perfecto para rutas de sendeirismo, desconexión e contacto coa natureza.

Bosques centenarios, fervenzas agochadas e aldeas con historia: descobre as rutas de sendeirismo que parten a poucos minutos da Casa de Gobo.
Pegada á fronteira con Asturias e a menos de media hora da Fonsagrada, ben comunicada por estrada e moi preto dos principais puntos de interese.